Cadeira Vermella e Azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rot-blauer Stuhl
Museo de Arte de Toledo, Ohio.
DeseñadorGerrit Rietveld
Data1917
Feito enPaíses Baixos
MateriaisMadeira de faia lacada.
Altura88 cm
Anchura66 cm
Profundidade83 cm

A Cadeira Vermella e Azul, orixinalemente en holandés, Rot-blauer Stuhl, é unha cadeira deseñada en 1917 por Gerrit Rietveld. Representa unha das primeiras exploracións do movemento artístico De Stijl nas tres dimensións. Non se pintou coas súas distintivas cores ata principios da década de 1920. Existen varias versións da cadeira e atópase en varias coleccións.

Historia[editar | editar a fonte]

A cadeira orixinal foi construída con madeira de faia[1] sen vernizar e non foi pintada de vermello, azul, amarelo e negro ata arredor do 1923.[2][3]  O arquitecto e membro de De Stijl, Bart van der Leck, viu o modelo orixinal e suxeriu engadir cores brillantes,[4] construíu o novo modelo de madeira máis fina e pintouno completamente de negro con zonas de cores primarias atribuídas ao movemento De Stijl. O efecto deste esquema de cores fixo que a cadeira parecese case desaparecer contra as paredes e o chan negros da Casa Rietveld Schröder, onde foi colocada máis tarde.[2]  As áreas con cor parecían flotar, dándolle unha estrutura case transparente. [4]

Unha versión da cadeira foi vendida por Christies en 2011 por 10.625 euros.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ongekleurde lattenleunstoel". centraalmuseum.nl. Consultado o 2023. 
  2. 2,0 2,1 Victoria and Albert Museum. Circulation Department (1970). Modern chairs, 1918-1970. London, Whitechapel Gallery. ISBN 0854880062. 
  3. "Gerrit Rietveld. Red Blue Chair. 1918–1923". moma.org. Arquivado dende o orixinal o 2010. Consultado o 2009. 
  4. 4,0 4,1 Sembach, Klaus-Jurgen (1990). 20th Century Furniture Design. Taschen America Llc. ISBN 978-3822802762. 
  5. "The Red Blue Chair". christies.com. Arquivado dende o orixinal o 2018. Consultado o 2018.