CSMA/CD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

CSMA/CD (Carrier Sense Multiple Access with Collision Detection, posible tradución Acceso Múltiple con Escoita de Portadora e Detección de Colisións), é unha técnica usada nas redes Ethernet para mellorar as súas prestacións. Anteriormente a esta técnica usáronse as técnicas Aloha puro e Aloha ranurado, pero ámbalas dúas presentaban unhas prestacións baixas que deron lugar á técnica CSMA, que foi posteriormente mellorada ca aparición da CSMA/CD.

No método de acceso CSMA/CD, os dispositivos da rede que teñen datos para transmitir funcionan no modo escoitar antes de transmitir.

CSMA[editar | editar a fonte]

A técnica CSMA emprega un medio de acceso múltiple, e a estación que desexa emitir previamente escoita a canle antes de emitir. Se a canle está ocupada espera un tempo aleatorio e volve a escoitar. Cando detecta que a canle está libre pode actuar de dúas formas distintas: emitindo de inmediato ou esperando un tempo aleatorio antes de emitir.

Se emite cunha probabilidade p, dise que é un sistema CSMA p-persistente, mentres que se emite de immediato dise que é un sistema CSMA 1-persistente.

Unha vez comezado a emitir, non para ata que remata de enviar a trama completa. Isto supón que se pode producir unha colisión se dúas estacións intentan transmitir ao mesmo tempo, de forma que as tramas emitidas por ambas serán incompresibles para as outras estacións e a transmisión fallará.

CSMA/CD[editar | editar a fonte]

A técnica CSMA/CD supón unha mellora sobre a CSMA, pois a estación está a escoita ao mesmo tempo que emite, de forma que se detecta unha colisión detén inmediatamente a trasmisión.

A gañancia obtida é o tempo que non se continúa utilizando o medio para realizar unha transmisión que resultará errónea, e que poderá aproveitar outra estación para transmitir.