Buono!
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Buono! | |
|---|---|
Promocionando Gachinko de Ikou! |
|
| Información | |
| Orixe | Tokio, Xapón |
| Período | 2007 - presente |
| Xénero(s) | J-Pop |
| Selo(s) discográfico(s) | Pony Canyon |
| Membros | Momoko Tsugunaga, Miyabi Natsuyaki, Airi Suzuki |
| Antigos membros | |
| Web oficial | Páxina oficial |
Buono! (ボーノ,?) é un grupo xaponés de J-Pop totalmente feminino formado por tres membros do Hello! Project Kids e englobado no Hello! Project. Os seus membros son: Momoko Tsugunaga e Miyabi Natsuyaki de Berryz Kobo e Airi Suzuki de ºC-ute.
O grupo foi anunciado oficialmente no festival da revista Nakayoshi o 21 de xullo do 2007 na Sunshine City de Tokio, en Ikebukuro, onde cantaron tanto o opening ("Kokoro no Tamago") como o ending ("Honto no Jibun") da adaptación ó anime do manga Shugo Chara! O grupo continuou gravando os opening e os endings do anime, ata que os openings comezaron a correr a cargo do grupo Shugo Chara Egg!, formado para poder interpretar os openings da serie.
Índice |
Membros [editar]
- Momoko Tsugunaga (嗣永桃子?) - Berryz Kobo
- Miyabi Natsuyaki (夏焼雅?) - Berryz Kobo
- Airi Suzuki (鈴木愛理?) - °C-ute
Discografía [editar]
Álbums [editar]
| # | Título | Data de lanzamento | Ventas |
|---|---|---|---|
| 1 | Café Buono! | 20 de febreiro de 2008 | 23.782 |
| 2 | Buono!Buono! | 11 de febreiro de 2009 |
Singles [editar]
| # | Título | Data de lanzamento | Ventas totais | Uso no anime Shugo Chara! |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Honto no Jibun (ホントのじぶん?) | 31 de outubro de 2007 | 42.035 | Opening e Ending |
| 2 | Renai Rider (恋愛♥ライダー?) | 6 de febreiro de 2008 | 35.254 | Ending |
| 3 | Kiss! Kiss! Kiss! | 14 de maio de 2008 | 36.675 | Opening e Ending |
| 4 | Gachinko de Ikou! (ガチンコでいこう!?) | 20 de agosto de 2008 | 31.005 | Ending |
| 5 | Rottara Rottara (ロッタラ ロッタラ?) | 12 de novembro de 2008 | 26.592 | Ending |
| 6 | co・no・mi・chi | 21 de xaneiro de 2009 |
DVDs [editar]
- Buono! Live 2009 ~Hybrid ☆ Punch~ (Buono!ライブ2009 ~ハイブリッド☆パンチ~?) - 2009
- ~Rock'n Buono!~ (FC Limitado) - 20 de decembro de 2008
- Buono! days ~ Buono! Leader Ketteisen! (Buono! days ~Buono!リーダー決定戦!?) (FC Limitado) - 22 de agosto de 2008