Buffy the Vampire Slayer
| Buffy the Vampire Slayer | |
|---|---|
| Formato | Fantasía, terror, sobrenatural, acción |
| Creado por | Joss Whedon |
| Intérpretes | Sarah Michelle Gellar Nicholas Brendon Alyson Hannigan Anthony Stewart Head Charisma Carpenter David Boreanaz Seth Green James Marsters Marc Blucas Emma Caulfield Michelle Trachtenberg Amber Benson |
| País de orixe | |
| Número de episodios | 144 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Joss Whedon David Greenwalt Marti Noxon |
| Duración | 43 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | The WB (1997–2001) UPN (2001–2003) |
| Formato de imaxe | NTSC 480i 4:3 PAL 576i 16:9 (tempadas 4–7) |
| Tempo de emisión | 10 de marzo de 1997 – 20 de maio de 2003 |
Buffy the Vampire Slayer é unha serie de televisión estadounidense que se emitiu orixinalmente entre o 10 de marzo de 1997 e o 20 de maio de 2003.
Desenvolvemento [editar]
A serie creouna Joss Whedon coa súa propia produtora, Mutant Enemy Productions, a idea desenvolveuse primeiro nunha longametraxe en 1992 de título homónimo. A serie segue a Buffy Summers (interpretada por Sarah Michelle Gellar), a última nunha liña de mozas coñecidas como as "Vampire Slayers" ou simplemente "Slayers", que en galego viría a ser exterminadora ou cazadora de vampiros, que son "chamadas" (elixidas polo fate) para loitar contra vampiros, demos, e outras forzas do mal. Como as anteriores Slayers, Buffy conta coa axuda dun Watcher, un observador encargado de guiala e adestrala, pero a diferenza das súas predecesoras, Buffy rodéase dun círculo de amigos leais que a axudan a combater o mal, os "Scooby Gang".
Repercusión [editar]
A serie normalmente tiña entre catro e seis millóns de telespectadores na súa emisión orixinal[1]. Aínda que os índices de audiencia foron máis baixos que as series de éxito dos denominadas catro grandes cadeas (ABC, CBS, NBC e Fox),[2], constituíron un éxito para a relativamente nova e pequena cadea que o emitía WB Television Network.[3]. As críticas foron positivas,[4] e foi incluída en moitas listas, como o nº 41 na lista dos 50 mellores programas de televisión de todos os tempos da TV Guide , nº 2 da revista Empire ou entre os 100 programas de televisión de sempre en Time[5]. Gañou tres Emmy, a serie converteuse nun fenómeno social, con fans en todo o mundo e dela se fixo unha serie derivada Angel, así como videoxogos, novelas ou banda deseñada.
Notas [editar]
- ↑ Índices Nielsen para Buffy the Vampire Slayer
- ↑ "The Dual Network Rule.", Federal Communications Commission (May 15, 2001): "the four major broadcast networks are unique among the media in their ability to reach a wide audience"
- ↑ Kaiser Family Foundation", Generation M: Media in the Lives of 8–18 Year Olds", Kff.org (March 9, 2005)."
- ↑ "First season reviews", "Third season reviews", "Fourth season reviews", "Fifth season reviews", "Sixth season reviews", "Seventh season reviews", Rotten Tomatoes.
- ↑ Poniewozik, James (September 6, 2007). "The 100 Best TV Shows of All-TIME". Time (Time.com). http://www.time.com/time/specials/2007/article/0,28804,1651341_1659188_1652063,00.html. Consultado o March 4, 2010.