Bufanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moza con bufanda ao redor do pescozo

A bufanda ou tapabocas é un complemento de roupa normalmente longa e angosta.

Características[editar | editar a fonte]

É unha peza de téxtil, cuxa lonxitude e acabado varía dependendo da súa confección. A peza pode ser feita con tecidos moi diversos empregando materiais como a la, o algodón, acrílico etc. O seu deseño chega a abarcar unha ampla gama de cores, debuxos, patróns ou figuras como cadros, raias etc.

Usualmente úsase preto da cabeza ou no pescozo, co propósito de quentar, aínda que é utilizada tamén como complemento de moda. En climas fríos, unha bufanda grosa tecida, a miúdo é atada ao redor do pescozo para manter quente. Isto polo xeral é acompañado por un chapeu quente, luvas e un abrigo pesado.

O contexto que conleva a bufanda volveuse un factor de moda particularmente entre mulleres e ata relixioso dependendo da cultura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]