Bruno S.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bruno S., nado o 2 de xuño de 1932 como Bruno Schleinstein, é un actor e músico alemán.
Bruno foi un fillo non desexado dunha prostituta, tendo sufrido abusos da nai frecuentemente na infancia, e pasando a maior parte da súa vida internado en hospitais psiquiátricos.
Bruno foi descuberto polo director Werner Herzog no inicio dos anos 70, tendo sido contratado para actuar sen ter ningunha experiencia. Jeder für sich und Gott gegen alle, sobre Kaspar Hauser, de 1974, e Stroszek, de 1977, ambos dirixidos por Werner Herzog, son os seus filmes máis coñecidos.