Boxer Calzón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un xoven usando calzóns bóxer.

Os calzóns bóxer (tamén coñecidos simplemente como boxers) son un tipo de calzón usado polos homes. O término utilízase en inglés desde 1944 para describir os pantalóns curtos usados polos boxeadores, para quen o movemento dos pés é case tan importante como o das súas mans.

Algúns homes prefiren os boxers e non o slip debido á súa variedade de estilos e deseños. Tamén lles gustan como locen. Moitos homes cren que os boxers danlles unha aparencia varonil. Segundo algunhas revistas, a maioría das mulleres nos E.E.U.U. e o Reino Unido prefiren aos homes que os usan, xa que lles parecen máis atractivos.

Historia e deseño[editar | editar a fonte]

En 1925, Jacob Golomb, fundador de Everlast, deseñou pezas con elástico na cintura para substituír ás de coiro entón usadas polos boxeadores. Estes pantalóns curtos fixéronse famosos de inmediato, pero na década de 1930 foron eclipsados polo slip. Ao redor 1947, os boxers comezaron a gañar popularidade outra vez. Os dous estilos, slip e boxer, compiten no mercado, cunha marcada distinción en preferencias rexionais e xeneracionais dos compradores.

Os boxer están aumentando actualmente a súa popularidade debido á moda, á súa comodidade, e aos beneficios de saúde. Aínda que os slips aínda ten vendas altas, os consumidores son maiormente homes de menos de 40 anos. Desde os anos 90, algúns homes tamén optan polos usar "boxers breves" que son unha peza hibrida: Son axustados como o slip, pero longos como os boxers, de maneira que evitan o rozamento permanente na parte interior das pernas debaixo dos testículos.

A maioría dos bóxers teñen unha bragueta, a apertura que permite sacar o pene sen quitarse a roupa. Os fabricantes dos boxers teñen un par de métodos de pechar a bragueta: broches de metal ou botóns. Con todo, moitos boxers no mercado non necesitan un mecanismo de pechadura, xa que o corte da tea deséñase para solaparse o suficiente para cubrir a bragueta por completo.