Boiúna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alegoría da boiúna nun festival de 2011.

A boiúna é un mito de orixe amerindia, procedente da selva amazónica . A miúdo descríbese como unha serpe escura xigante, capaz de afundir barcos. Tamén pode imitar a aparencia destes, atraendo naufraxios ao fondo do río.[1] Nalgunhas rexións úsase a boiúna para nomear un ser maligno, que naceu dun ovo abandonado, ascendeu ao firmamento e se converteu nunha estrela, na constelación da Serpe. O nome provén da lingua tupí, e consta das palabras mboîa (cobra ) e un (escuro).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segona edició. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p. 269 (en portugués)
  2. "Vocabulario tupí-portugués" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 9 de agosto de 2012. Consultado o 2 de marzo de 2012.