Boeli van Leeuwen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeli van Leeuwen
Nome completoWillem Cornelis Jacobus van Leeuwen
Nacemento10 de outubro de 1922
Falecemento28 de novembro de 2007
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Ocupaciónpoeta e avogado
PaiPieter Hendrik van Leeuwen
PremiosFerdinand Bordewijk Prize e Cola Debrot Award
editar datos en Wikidata ]

Willem Cornelis Jacobus van Leeuwen, nado en Curaçao o 10 de outubro de 1922 e finado na mesma illa o 10 de outubro de 2007, foi un escritor en lingua holandesa das Antillas Holandesas máis coñecido como Boeli van Leeuwen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun alto funcionario holandés, estudou dereito na Universidade de Leiden, licenciándose finalmente pola Universidade de Ámsterdan, de volta a Curaçao ocupou diversos postos públicos, en 1947 publicou os seus primeiros libros de poesía e en 1959 apareceu a súa primeira novela, De rots der struikeling, que trata do conflito entre o individuo e a súa responsabilidade social, editada nos Países Baixos ao ano seguinte levou o Vijverbergprijs en 1961.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1947 - Tempels en woestijnen
  • 1947 - De Mensenzoon
  • 1959 - De rots der struikeling
  • 1962 - Een vreemdeling op aarde
  • 1966 - De eerste Adam
  • 1978 - Een vader, een zoon
  • 1985 - Schilden van leem
  • 1988 - Het teken van Jona
  • 1990 - Geniale anarchie