Blue note

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécense como blue notes as novas notas que, no cruce entre a cultura musical europea e a africana que tivo lugar nos Estados Unidos e deu lugar ao blues, o jazz e o rock, os músicos negros, afeitos a utilizar escalas pentatónicas, foron introducindo para criar un efecto dramático e melancólico (blue). Estas frecuencias moitas veces non tiñan unha altura definida, e estaban entre a terceira menor e a maior ou entre a sétima menor e a maior. Mais tarde engadiuse unha terceira nota blue, a quinta diminuída (flatted fith). Na escala de :

Dó-Re-Mib-Mi-Fa-Solb-Sol-La-Sib-Si-Dó.

Non todas estas notas se usaban para elaborar melodías: a IIIb e VIIb usábanse fundamentalmente para ampliar acordes (sétimas de dominante en lugar de sétimas maiores)