Blankets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blankets é unha novela gráfica en branco e negro de 592 páxinas escrita e debuxada por Craig Thompson e publicada en 2003 por Top Shelf Productions. Unha memoria, o libro narra a infancia de Thompson no seo dunha familia cristiá evanxélica, o seu primeiro amor e os primeiros anos da súa madurez. Thompson dixo que a novela xurdiu dunha idea simple: describir o que se sente ó durmir cunha persoa por primeira vez.

Blankets recibiu unha atención considerábel tanto na prensa sobre cómics coma na prensa sobre o mainstream literario; foi moi ben recibida e gañou numerosos premios. A maioría dos críticos considérana un fito no desenvolvemento da novela gráfica estadounidense, non só na súa extensión senón tamén polo seu aspecto visual e técnico. The Bloomsbury Review describiuna como "un espléndido exemplo da arte do cómic: a mestura de palabras e debuxos para conseguir un efecto que non se pode conseguir de ningunha outra forma."

A novela foi publicada en inglés, francés, castelán, alemán, italiano, e holandés. A versión inglesa foi publicada tamén nunha versión limitada de tapa dura. Existe tamén unha banda sonora, gravada polo grupo Tracker.

Premios[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]