Bión (poeta tráxico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBión
Actividade
Ocupaciónescritor de traxedia Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Bión (en latín Bion, en grego antigo Βίων) foi un poeta tráxico grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dióxenes Laercio descríbeo como ποιητὴς τραγῳδίας τῶν Ταρσικῶν λεγομένων ("un poeta tráxico grego de Tarso, polo que din"). Isaac Casaubon (De Sat. Poes. 1.5) comenta que Dióxenes Laercio describe con estas palabras a un poeta que practicaba a poesía improvisada, á que os habitantes de Tarso eran particularmente afeccionados e podería ser natural de Tarso. Tería vivido pouco antes da época de Estrabón.

Suídas fala dun fillo de Esquilo chamado Bión que era un poeta tráxico, pero non se sabe máis del[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 5.Bion en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 489