Benito Víctor Fraga García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenito Víctor Fraga García
Biografía
Mortedecembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Noia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata

Benito Víctor Fraga García, finado en Noia en decembro de 1924,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro en Noia dende 1902. Foi nomeado xuíz municipal en xuño de 1905, permanecendo no cargo ata 1907. Alcalde substituto de Severo González Botana logo do levantamento de 1910 e candidato á alcaldía xunto con Luís Vidal e Genaro Blanco nas eleccións de 1911. Foi nomeado alcalde por Real Orde en xaneiro de 1911.[2] Deixou a alcaldía en 1913, logo de non ter sido elixido concelleiro. Foi despois secretario municipal ata 1924. Coa ditadura de Primo de Rivera foi detenido, pero liberado aos poucos días debido á falta de probas, reintegrándose ao seu cargo de secretario. Foi cesado pola nova corporación nomeada en xaneiro de 1924.


Predecesor:
Severo González Botana
 
Alcalde de Noia
 
1911 - 1913
Sucesor:
Genaro Blanco Roo

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Emilia Vidal Barreiro, filla de Venancio Vidal Reino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 16-12-1924, p. 12.
  2. El Correo de Galicia, 7-1-1911, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]