Ben Amera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 21°14′00″N 13°40′00″O / 21.23333333, -13.66666667

Ben Amera
O monólito de Ben Amera
Localización administrativa
LocalizaciónMauritania Mauritania
Características xerais
Altitude550 m

Ben Amera é o segundo monólito máis grande do mundo, tras Uluru, elevándose case 400 m sobre a chaira circundante. Atópase en Mauritania, moi preto da fronteira co Sáhara Occidental e a só 3 km do ferrocarril Nouadhibou-Zouerate, sendo un dos grandes atractivos da famosa ruta. Nas inmediacións atópanse outros monólitos de menor entidade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BEN AMERA 2nd largest monolith in the world". LookLex Mauritania. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de maio de 2015.