Beiravía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beiravía dunha estrada

A beiravía é unha franxa lonxitudinal pavimentada ou non, contigua á calzada (non incluída nesta), non destinada ao uso de vehículos automóbiles máis que en circunstancias excepcionais. O conxunto da calzada e as beiravías forman unha plataforma.

Nas estrada, a seguir da beiravía acostuma ir a gabia para a condución das augas pluviais. A faixa estreita de terra entre o bordo da gabia ou canle e o pé dun noiro feita coas terras provenientes da súa escavación, recibe o nome de berma. A berma serve de protección contra os desprendementos de terras. Ter en conta que en lingua portuguesa berma é sinónimo de beiravía.

En Galicia e normalmente en toda Europa, a raia que o separa da calzada adoita ser continua e de cor branca e só poden transitar por el os peóns e os ciclomotores. Excepcionalmente poderán circular por el a velocidade anormalmente reducida, en caso de urxencia, os vehículos motorizados de ata 3.500 quilogramos de masa máxima autorizada.

Nalgunhas autovías e autoestradas a liña branca ten relevo descontinuo, o que provoca que ao ser cruzada a gran velocidade óiase un ruído que serve de aviso ante un posible descoido do condutor. Nas autovías estadounidenses, en especial nas denominadas freeway, na beiravía hai unha superficie rugosa con ese obxectivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]