Batalla de Wagram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa histórico da batalla de Wagram

A batalla de Wagram tivo lugar na illa de Lobau, no Danubio e na chaira de Marchfeld preto da vila de Deutsch-Wagram, a 15 km ao norleste de Viena entre o 5 e o 6 de xullo de 1809 no marco das Guerras Napoleónicas e resultou nunha vitoria decisiva das forzas francesas comandadas por Napoleón Bonaparte sobre as austriacas do Arquiduque Carlos.
Foi a batalla na que participou un maior número de efectivos ata entón, 300.000 soldados (160.000 austríacos e 155.000 franceses), nela morreron 35.000 franceses e 38.000 austríacos.