Batalla de Pichincha
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Batalla de Pichincha | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Parte de guerra ecuatoriana de independencia | |||||||
Quito e o volcán Pichincha. |
|||||||
|
|||||||
| Belixerantes | |||||||
| Líderes | |||||||
| Forzas en combate | |||||||
| 2.000 - 3.500 patriotas | 2.000 - 3.500 realistas | ||||||
| Baixas | |||||||
| 200 mortos e 140 feridos | 400 mortos, 190 feridos e 1260 prisioneiros | ||||||
A Batalla de Pichincha ocorreu o 24 de maio de 1822, nas ladeiras do volcán Pichincha, a máis de 3.000 metros sobre o nivel do mar, xusto enriba da cidade de Quito, no Ecuador actual.
O encontro, que ocorreu no contexto das guerras de independencia de Sudamérica, enfrontou ao exército independentista baixo o mando do xeneral Antonio José de Sucre e ao exército realista comandado polo mariscal de campo Melchor Aymerich. A derrota das forzas realistas leais a España conducíu á liberación de Quito e asegurou a independencia das provincias que pertencían á Real Audiencia de Quito, tamén coñecida como a Presidencia de Quito, a xurisdición administrativa colonial española da que eventualmente emerxeu a República do Ecuador.