Batalla de Liège

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Liège foi a batalla inicial da invasión xermana de Bélxica na Primeira Guerra Mundial. Comezou o 4 de agosto do 1914 e finalizou o 16 do mesmo mes, cando a cidade se rendeu aos alemáns.

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

O Imperio Alemán declarou a guerra ao Imperio Ruso o 1 de agosto de 1914 cumprindo os acordos militares que mantiña co Imperio Austro-Húngaro. O día 2 enviou un ultimátum a Francia e ao Imperio Británico. Os plans militares xermanos baseábanse nunha rápida conquista de París, sacando así a Francia da guerra. Posteriormente, centraríanse na fronte rusa. Para poder cumprir os obxectivos, as tropas alemanas debían atravesar Bélxica cara as Ardenas. O Alto Mando pensaba que os belgas ían ofrecer moi pouca ou ningunha resistencia. Os belgas dispuxeron as súas tropas en diversos fortes e posicións defensivas. Cando os alemáns entraron en Bélxica atopáronse cunha resistencia moito maior do esperado e foron freados, permitindo aos franceses e británicos organizar a defensa de París.