Batalla de Balaclava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Balaclava tivo lugar o 25 de outubro de 1854, na rexión de Balaclava, entre as frontes rusa e inglesa, durante a Guerra da Crimea (1854-1856).

Esta batalla é famosa pola polémica que xerou entre os historiadores a famosa carga de cabalería lixeira británica: a chamada carga da Brigada lixeira. Algúns rexistros históricos indican que a decisión de realizar esta operación militar foi tomada de maneira apresurada e sen a debida análise da situación.

Durante a carga, a Brigada Lixeira foi totalmente destruída. Discutiuse dende o punto de vista da historia militar se o erro foi de quen deu a orde ou da execución; ao parecer o momento e a forma estiveron mal escollidos, co que a culpa sería dos oficiais que deron a orde, cuxo oficial superior sería Lord Raglan. Ordenouse cargar sen apoio de infantaría dende unha zona pouco apropiada.

Tras unha carga da Brigada Pesada, a rivalidade entre os oficiais fixo que cargara a Brigada Lixeira, con resultado desastroso.