Bandeira dos ainus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos ainus
Bandeira dos ainus
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1973
Cores     Azul      Vermello      Branco

A bandeira dos ainus é unha bandeira étnica que representa ao pobo ainu do Xapón que foi deseñada por Bikki Sunazawa, un escultor xaponés de ascendencia ainu, no ano 1973.[1][2][3] O fillo de Bikki, Jin Sunazawa reclama a propiedade dos dereitos de autor e solicita o desuso da bandeira.[4]

Tras repetidas peticións dun amigo seu, Bikki Sunazawa deseñou a bandeira en 1973, aínda que se distanciou do activismo político que buscaba apoio do goberno. Porén, un grupo ainu mostrou a bandeira cando marcharon nunha celebración dos maios en Sapporo ese mesmo ano.[5] Aínda que está amplamente aceptada como a bandeira ainu, a súa visibilidade como símbolo é moi ocasional.[6]

Descrición[editar | editar a fonte]

A proporción da bandeira é 2:3. A bandeira consiste nun campo azul cerúleo que representa o ceo e o mar, unha figura branca que representa a neve e unha frecha vermella que voa debaixo do ceo de Hokkaido.[7] A frecha é vermella debido ao veleno do acónito que se usa na caza tradicional, unha forma de vida prohibida polos xaponeses.[6] A figura branca, comunmente coñecida como Bikki mon'yō, non é un motivo tradicional ainu, senón unha invención do propio Bikki.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Independence movements and aspirant peoples (Japan)". Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  2. "ФЛАГ АЙНОВ". Геральдика.ру (en ruso). geraldika.ru. Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  3. Irish, Ann B. (2009). Hokkaido: A History of Ethnic Transition and Development on Japan's Northern Island. McFarland & Company. p. 208. ISBN 978-0-7864-5465-5. OCLC 646854076. 
  4. Jin Sunazawa (2020-10-02). "2020 nendo Sapporo Ainu Kyōkai sōkai giansho (mushūsei) to migatte na sakujo irai". Kōshin minzoku Ainu. Consultado o 2020-10-18. 
  5. Weiner, Michael (2003-07-13). Japan's Minorities: The Illusion of Homogeneity (en inglés). Routledge. p. 37. ISBN 978-1-134-74442-8. 
  6. 6,0 6,1 Dubreuil, Chisato (Kitty). "The Ainu and Their Culture: A Critical Twenty-First Century Assessment". The Asia-Pacific Journal. apjjf.org. Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  7. Minahan, James B. (2016-08-01). Encyclopedia of Stateless Nations (en inglés). ABC-Clio. p. 14. ISBN 978-1-61069-954-9. 
  8. Jin Sunazawa (2020-10-12). "Bikki mon'yō wa Ainu mon'yō ni arazu! Hokkaidō Shinbun no sabetsu kiji". Kōshin minzoku Ainu. Consultado o 2020-10-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]