Bandeira da Illa de Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da Illa de Man
Bandeira da Illa de Man
Uso
FIAV 110000.svgFIAV normal.png
Proporción 1:2[1]
Adopción 1931
Cores      Vermello

A Bandeira da Illa de Man (en manés brattagh Vannin) é un tríscele composto por tres pernas con armaduras sobre un fondo vermello. É a bandeira oficial de Man dende 1931[2] e está baseado no escudo da Illa de Man, que data do século XIII. As tres pernas son coñecidas en manés como ny tree cassyn. O trícele é un símbolo antigo do cal se descoñecen os motivos da súa adopción. Antes da súa adopción en 1931, a bandeira oficial da Illa de Man era a Union Flag.

A illa tamén ten unha bandeira civil. Estoutra foi autorizada por vez primeira o 27 de agosto de1971.[1] Outra bandeira manesa é a que representa o Tynwald, o Parlamento da illa, que ondea nos edificios lexislativos dende 1971.[3]

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]