Balneario de Cabreiroá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balneario de Cabreiroá
Balneario
Coordenadas41°55′35″N 7°25′23″O / 41.926311111111, -7.4229888888889Coordenadas: 41°55′35″N 7°25′23″O / 41.926311111111, -7.4229888888889
editar datos en Wikidata ]

O balneario de Cabreiroá é un manancial natural situado na parroquia de Cabreiroá, no concello de Verín.

Manancial

Historia[editar | editar a fonte]

O manancial era unha charca coñecida dende a antigüidade polas súas propiedades medicinais, ata que o famoso empresario José García Barbón abre en 1907 o quiosco octogonal para os auguistas onde se segue degustando a súa auga.

O resto do recinto é un espazo natural duns 50 000 m² cruzado polo pequeno río Abedes e con exemplos de especies como os cedros do Himalaia, sequoias xigantes, tileiros, palmeiras etc. En total, 2000 árbores. Toda a auga do manancial pasa pola burbulla central do quiosco, desde onde se abastecen este e a planta de envasado. A auga sobe desde unha profundidade duns 100 m a unha temperatura duns 18 °C.

A súa auga está indicada para enfermidades de tipo estomacal, intestinal, do fígado, dos riles e a diabetes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]