Balbino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda romana coa efixie de Balbino. As dúas mans do verso representan o goberno conxunto dos dous emperadores

Decimus Caelius Calvinus Balbinus (178 - 29 de xullo de 238) foi un emperador romano conxuntamente con Pupieno.

Balbino pertencía á familia nobre romana dos Caelio. O 22 de abril do 238 o Senado proclamouno emperador, xunto a Pupieno, para rexeitar a Maximino Tracio, que avanzaba cara Roma. A morte de Máximo polos seus propios soldados non lles axudou a se manteren no poder, a ameaza de invasión de partos e xermanos e a súa impopularidade levaron á garda pretoriana a asasinalos durante unha discusión entre os dous emperadores, despois de só 99 días no poder.


Imperio Romano

Segue a:
Gordiano I e Gordiano II
Balbino
(238-29 de xullo)

Precede a:
Gordiano III
Anarquía militar


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balbino