Badkonake sefid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Badkonake sefid
Ficha técnica
Título orixinalبادکنک سفيد
DirectorJafar Panahi
ProdutorKurosh Mazkouri
GuiónAbbas Kiarostami
IntérpretesAida Mohammadkhani
Mohsen Kafili
Fereshteh Sadr Orfani
FotografíaFarzad Jadat
MontaxeJafar Panahi
DistribuidoraOctober Films
Estrea1995
Duración85 minutos
Orixe Irán
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0112445 Allocine: 12566 Mojo: whiteballoon Allmovie: v134796 Editar o valor em Wikidata

Badkonake sefid (en persa: بادکنک سفيد) é un filme iraniano de 1995 dirixido por Jafar Panahi, con guión de Abbas Kiarostami. Foi o primeiro filme de Panahi como director. Recibiu moi boas críticas e gañou numerosos galardóns de cinema internacionais, incluído o premio da Camera d'Or no Festival Internacional de Cine de Cannes. The Guardian clasificouno como un dos 50 mellores filmes para toda a familia de tódolos tempos.[1] O filme está na lista BFI list dos 50 filmes que deberías ver ós 14 anos.

O filme foi escollido como candidato iraniano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 68ª edición dos premios, mais non aceptado como nomeado.[2][3] Irán tentou sen éxito retirar o filme da competición, mais a Academia negouse a aceptar o retiro.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brooks, Xan (10 de decembro de 2005). "The best family films of all time". Londres: The Guardian. Consultado o 26 de setembro de 2006. 
  2. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
  3. FilmFestivals.com (ed.). "41 to Compete for Foreign Language Oscar Nominations". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2015. 
  4. Highbeam (ed.). "Iran Requests Academy Not to Consider Its Film Entry". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]