Badal Novas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Badal Novas é o primeiro xornal dixital dos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro e cobre todo tipo de información de interese (política, cultural, social, deportiva etc.) que ocorre neste territorio. A maior parte dos seus beneficios vai destinada a institucións de carácter benéfico e social.

Historia[editar | editar a fonte]

É propiedade de Badal Novas S.L. e naceu en 2020 pola necesidade de crear comarca [1]. Foi presentado o venres 14 de febreiro no Aparthotel Arenteiro [2] nun acto no que se deron cita numerosos persoeiros da comarca. Dende o seu nacemento prestou especial atención ás persoas da zona na emigración, co obxectivo de que estas poidan estar informadas de todo o que pasa nos seus lugares de nacemento e, así mesmo, ser coñecedores do que lle sucede e preocupa alí onde residen na actualidade.

Badal TV[editar | editar a fonte]

Ademais do portal web, Badal Novas tamén conta cunha canle de televisión local (Badal TV). Entre a súa variada programación destaca o informativo Badal Novas, presentado por Maiti Grande e que se emite ás 21:30 horas e comparten a través da súa canle de Youtube [3]. Badal TV tamén retransmite os plenos e ten programas de entrevistas, faladoiro, infantís, de viaxes etc.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]