Bacteroidetes
| Bacteroidetes | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Cultivo de Bacteroides sp.. |
|||||
| Clasificación científica | |||||
|
|||||
| Clases | |||||
|
|||||
As Bacteroidetes ou bacterioidetas son un filo de bacterias composto por tres grandes clases de bacterias Gram-negativas, non formadoras de esporas, anaeróbicas, e con forma de bacilos, que están amplamente distribuídas no ambiente, e que aarecen no solo, sedimentos, mares e nos intestinos e pel dos animais.
Con diferenza, a clase Bacteroidia é a mellor estudada deste filo, e inclúe os xéneros Bacteroides (un organismo abundante nas feces dos animais de sangue quente, incluídos os humanos), e Porphyromonas, que habitan na cavidade bucal humana. A clase actual Bacteroidia antes foi chamada formalmente Bacteroidetes xa que ata hai pouco era a única clase do filo (nese caso coinciden os nomes do filo e a clase), pero o nome foi cambiado no cuarto volume do Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. [1]
Membros do xénero Bacteroides son patóxenos oportunistas. Os membros das outras dúas clases raramente son patóxenos para os humanos.
O investigador Jeffrey Gordon e os seus colegas descubriron que os homes e os rtos obesos tiñan unha flora intestinal cunha baixa porcentaxe de Bacteroidetes e relativamente maior cantidade de bacterias do grupo Firmicutes. Porén, non están seguros se os Bacteroidetes preveñen a obesidade ou se esta flora intestinal é simplemente seleccionada preferencialmente nas condicións intestinais dos que non están obesos. [2][3][4]
Este filo agrúpase ás veces con Chlorobi, Fibrobacteres, Gemmatimonadetes, Caldithrix e o grupo mariño A para formar o grupo FCB ou superfilo. Na clasificación alternativa proposta por Cavalier-Smith, este taxon é unha clase do filo Sphingobacteria.
Índice |
Filoxenia [editar]
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
No cladograma móstrase a toxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [5] e no NCBI (National Center for Biotechnology Information) [6] e a filoxenia está baseada en datos do ARNr de 16 S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree. [7]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
♠ Liñaxes atopadas no NCBI pero non na LPSN.
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, porque non se poden cultivar ou duran pouco.
Notas [editar]
- ↑ (en English) The Bacteroidetes, Spirochaetes, Tenericutes (Mollicutes), Acidobacteria, Fibrobacteres, Fusobacteria, Dictyoglomi, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Verrucomicrobia, Chlamydiae, and Planctomycetes. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. 4 (2nd ed.). New York: George M. Garrity. November 24, 2010 [1984(Williams & Wilkins)]. pp. 908. ISBN 978-0-387-95042-6. British Library no. GBA561951. http://www.springer.com/life+sciences/book/978-0-387-95042-6.
- ↑ Ley R, Bäckhed F, Turnbaugh P, Lozupone C, Knight R, Gordon J (2005). "Obesity alters gut microbial ecology". Proc Natl Acad Sci USA 102 (31): 11070–5. DOI:10.1073/pnas.0504978102. PMC 1176910. PMID 16033867. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1176910.
- ↑ Ley R, Turnbaugh P, Klein S, Gordon J (2006). "Microbial ecology: human gut microbes associated with obesity". Nature 444 (7122): 1022–3. DOI:10.1038/4441022a. PMID 17183309.
- ↑ Turnbaugh P, Ley R, Mahowald M, Magrini V, Mardis E, Gordon J (2006). "An obesity-associated gut microbiome with increased capacity for energy harvest". Nature 444 (7122): 1027–31. DOI:10.1038/nature05414. PMID 17183312.
- ↑ J.P. Euzéby. "Bacteroidetes". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [1]. http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Bacteroidetes. Consultado o 4 xullo 2012.
- ↑ Sayers et al.. "Bacteroidetes". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database [2]. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=976&lvl=4&lin. Consultado o 4 xullo 2012.
- ↑ 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)". Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database [3]. http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_106/LTPs106_SSU_tree.pdf. Consultado o 2011-11-17.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Phylogenomics and Evolutionary Studies on Bacteriodetes, Chlorobi and Fibrobacteres Species Filoxenia das bacterias