Aztlán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aztlán é o fogar ancestral lexendario dos Aztecas. Na lenda é representado como unha illa nun lago localizado no que agora é o norte de México (ou posiblemente o sudeste dos Estados Unidos), desde o cal os primeiros aztecas emerxeron ó principio do cuarto mundo. A palabra Azteca, raramente usada por los Mexicas (outro nome dado ós aztecas) describirse a sí mesmos, deriva da palabra Aztekatl, que significa "de Aztlán". As características deste lugar teñen un rol que non vai máis aló da lenda da cal di que o deos Huitzilopochtli lles ordenou que partisen deste país.

O significado da palabra é lugar de la brancura ou lugar das garzas (do náhuatl azta=paxaros brancos + tlan (tli)=arraigado (lugar de orixen).

Durante a conquista española de México, a historia de Aztlán gañou importancia e foi divulgada por Frei Diego Durán (1581) e outros como un paraíso, libre da enfermidade e da morte, que existiu nalgunha parte no norte afastado. Estas historias axudaron a iniciar expedicións dos españois no que agora é o suroeste dos Estados Unidos.

Aztlán tamén da o seu nome a varios movrmentos políticos hispánicos en Estados Unidos, tales como o Consejo revolucionario y Gobierno provisional de Aztlán y de Mecha, tamén coñecido como Movemento Estudiantil Chicano de Aztlán. Nesta conexión, refírese a miúdo a ambicións irredentistas de independencia ou unión con México para os estados do suroeste dos Estados Unidos, que México controló antes do Tratado de Guadalupe Hidalgo en 1848.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas