Axman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axman (Árabe:عجمان) é o estado máis pequeno dos Emiratos Árabes Unidos, ten unha superficie de 259 km². A poboación é de 135.000 habitantes, localizados principalmente na capital, Axman.

Situado no Golfo Pérsico, inclúe os pequenos enclaves de Masfut e Manama, territorios principalmente agrícolas. O seu emir é Humaid bin Raschid an-Nu'aimi.