Aventino (rei)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aventino (en latín Aventinus), fillo de Hércules e Rea, era un dos reis míticos de Alba Longa. Segundo a tradición, foi enterrado no monte que máis tarde levaría o seu nome (Monte Aventino)[1]. Dise que sucedeu a Rómulo Silvio. Reinou durante trinta e sete anos, e foi sucedido por Procas, o pai de Amulio e Numitor.

Lenda[editar | editar a fonte]

Servio, na súa análise da Eneida de Virxilio (Libro VII, 656), fala dun personaxe chamado Aventino, un rei dos primeiros habitantes de Roma, que foi asasinado e enterrado nun monte chamado máis tarde o Monte Aventino. O rei Aventino de Alba Longa podería identificarse con este personaxe da Eneida.

«O Aventino é un monte ou outeiro da cidade de Roma. Acéptase que o seu nome procede das aves (avis en latín) que, elevándose desde o Tíber, facían os seus niños alí. Ou ben debía o seu nome a un rei dos habitantes aborixes de Italia, de nome Aventino, que foi asasinado e enterrado alí, de igual maneira que o rei de Alba Aventino, aquel que foi sucedido por Procas. Varrón, con todo, indica que entre os romanos, os sabinos aceptaron esta montaña que lles era ofrecida por Rómulo, e chamárona o Aventino polo río Aventus que transcorría por esa zona. É, con todo, aceptado que esta última versión é posterior, xa que nun principio chamábanlle Aventino ou polos paxaros ou polo rei italiano. Do cal se deduce que o fillo de Hércules chamado Aventino tomou o seu nome do monte e non á inversa.»

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]