Avelino García Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAvelino García Armesto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1878 Editar o valor em Wikidata
Viana do Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de maio de 1938 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Palas de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteOsteossarcoma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Palas de Rei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsGermán García Armesto Editar o valor em Wikidata

Avelino García Armesto, nado Viana do Bolo o 23 de setembro de 1878 e finado en Palas de Rei o 3 de maio de 1938, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ricardo García Adánez, farmacéutico orixinario de Pobra de Seabra e de Antonina Armesto López, afincados en Viana. A súa infancia transcorreu entre Viana e Ourense, cidade onde fixo o bacharelato. Cursou os estudos de farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1914. Instalouse como farmacéutico en Palas de Rei, e foi alcalde de dito Concello. Amigo de José Ouro Arias, participou con el nos mitins da campaña agrarista de 1923.[1] Nos anos finais da ditadura de Primo de Rivera foi deputado corporativo na Deputación de Lugo.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado fiscal municipal de Palas de Rei en outubro.[3] Finou en Palas de Rei o 3 de maio de 1938.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi irmán de Germán García Armesto. Casou con Livia Fernández Ávila, coa que tivo seis fillos, dos que só sobreviviron Avelino, Luis, Federico e María del Rosario García Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Provincia, 22-7-1923, p. 2.
  2. El Progreso, 15-2-1929, p. 1.
  3. El Progreso, 31-10-1936, p. 1.
  4. El Progreso, 4-5-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vázquez García, Rosa Mª Livia (2023). "Polos pelerinaxes da nosa historia: de Ourense a Palas de Rei, o boticario e alcalde de Palas Avelino García Armesto". Cairón. Boletin do Instituto de Estudos Ulloáns (6): 82–94.