Avelina Pérez Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Cerdedo-Cotobade, España |
Morte | 15 de xuño de 1924 A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra , pedagoga |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Severino Pérez Vázquez |
Avelina Pérez Vázquez, nada en Cerdedo-Cotobade e finada na Coruña o 15 de xuño de 1924[1], foi unha mestra e pedagoga galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Manuel Pérez e irmá de Severino Pérez Vázquez (1844-1915). Foi directora da Escola Normal de Pontevedra de 1864 practicamente ata a súa xubilación en 1918, aínda que foi suspendida no cargo en dúas ocasións (1891 e 1903).
Finou na Coruña aos 82 anos. Está enterrada no Cemiterio Municipal de San Amaro da Coruña.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con González Font. Foi nai de Castor (1874-1945, director do Orfeón La Artística de Pontevedra) e de Huberto González Pérez (1871-1923, violinista concertino do Teatro Real de Madrid e da Real Capela). Foi avóa de Alicia Crespí González.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Ideal Gallego, 17-6-1924, p. 6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Porto Ucha, Ángel Serafín (2002). "Instituciones para la formación de la mujer. La Escuela Normal Superior de Maestras de Pontevedra: Nacimiento y evolución (1860-1901)" (PDF). Innovación educativa (12): 17–46. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2013.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Avelina Pérez Vázquez na páxina web Do gris ao violeta