Aurelio Rey Alar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAurelio Rey Alar
Biografía
Nacemento11 de maio de 1904 Editar o valor em Wikidata
Baiona, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1993 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Baiona, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Aurelio Rey Alar, nado en Baiona o 11 de maio de 1904 finado no mesmo concello o 8 de agosto de 1993, foi un fotógrafo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia en Sabarís, foi alumno da Escola Pro-Val de Mañufe e despois trasladouse coa súa familia a Vigo. Regresou a Baiona e, cara 1926, instalouse como fotógrafo nun local da rúa de Elduayen. Despois abriu unha ferretería na rúa Alférez Barreiro onde continuou coa fotografía, editando postais panorámicas da vila. Foi alcalde de Baiona de 1949 a 1951 e posteriormente concelleiro. Continuou coa ferretería, ata a súa xubilación.


Predecesor:
Evaristo Casal del Rey González
 
Alcalde de Baiona
 
1949 - 1951
Sucesor:
José Pereira Troncoso

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]