Aulorrínquidos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Aulorrínquidos ou trompudos (Aulorhynchidae) son unha familia de peixes marinos costeiros, incluida na orde Gasterosteiformes. Distribúense polo norte do Pacífico, desde Xapón ata México.
Índice |
Características [editar]
Teñen un corpo alargado e estreito, con escudos óseos laterais, con series de 24 a 26 pequenas espiñas dorsais curtas e illadas. Tras estas, unha aleta dorsal con 10 radios brandos, retrasada; oposta á anal; as aletas pelvianas cunha espiña dura e catro radios blandos; a caudal con 13 radios brandos.
Lonxitude máxima 17 cm en Aulorhynchus flavidus.
Clasificación [editar]
Comprenden dous xéneros cunha única especie cada un:
- Xénero Aulichthys:
- Aulichthys japonicus (Brevoort en Gill, 1862)
- Xénero Aulorhynchus:
- Aulorhynchus flavidus (Gill, 1861)