Atrio
- Este artigo trata do atrio romano para o atrio presente nalgunhas igrexas cristiáns, véxase adro
O atrio constituía na arquitectura romana o espazo central da gran casa romana coñecida como domus, tiña forma cuadrangular e constituía ao primeiro o núcleo central, era o lugar que daba luz á casa por medio dunha abertura no teito denominada compluvium, debaixo estaba o impluvium, unha especie de estanque rectangular deseñado para recoller a auga da chuvia. Posterioremente o atrium acabou por se converter nunha especie de patio interior pasando a ser o espazo central o tablinum. A súa orixe está nas casas etruscas e tras pasar á arquitectura paleocristiá deu orixe ao adro das igrexas cristiás.
Tipos [editar]
O atrium etrusco ou "atrium tuscanicum" constituía o tipo máis sinxelo e o máis antigo, de orixe etrusca carecía de columnas e o tellado descansaba en catro trabes.
O atrium tetrastylicum tiña catro columnas, cada unha nun recanto do impluvium
O atrium corinthicum era semellante ao anterior pero máis grande, con máis columnas e a maior distancia do impluvium
O atrium testudinatum carecía de compluvium, cubríndose todo o cuarto co tellado.
