Atol Rongrik
| Rongrik | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | Jitoen |
| Linguas | |
| Poboación (1999) | 0 hab. |
| Superficie | 1´68 km² |
| Superficie lagoa | 143´95 km² |
| Nº de illas | 17 |
| Coordenadas | 11°20′N 167°27′E / 11.333°N 167.45°E |
| Maior Altura | 9 m. |
| Localización | |
Rongrik (Tamén coñecido como Rongerik, Rongdrik ou Roñdik) é un atol deshabitado de 1´68 km² no Océano Pacífico. Está formado por 17 illas rodeando unha lagoa de 144 km². Forma parte da cadea Ralik nas Illas Marshall, atopándose a 200 km ao leste do atol Bikini. Estados Unidos recolocou neste atol aos habitantes do atol Bikini mentres levaba a cabo as probas nucleares. Logo de meses de fame negra e desnutrición foron trasladados a Kwajalein e finalmente a Kili.
Historia [editar]
Rongrik foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xapones, aínda que a illa estaba deshabitada. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.