Atol Pukaruha
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pukaruha | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Pukarua |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 207 hab. |
| Superficie | 7 km² |
| Superficie lagoa | 23 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 18°19′S 137°1′W / 18.317°S 137.017°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Pukarua é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Reao. Está situado no extremo oriental do arquipélago, a 50 km ao noroeste de Reao e a 1.300 km ao leste de Tahití.
Xeografía [editar]
O atol ten unha forma inusualmente estreita con 18 km de longo e 7 km de ancho. A superficie total é de 30 km², incluída a lagoa pechada de 23 km².
A vila principal é Marautagaroa, situada no extremo setentrional do atol. A poboación total era de 210 habitantes no censo do 2002. A actividade principal é a produción de copra.
Historia [editar]
Foi descuberto o 28 de maio de 1797 polo inglés James Wilson de camiño de Mangareva en Tahití. Chamouno Serle por Ambrose Serle, o autor deHorae Solitariæ