Atol Hikueru
| Hikueru | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 274 hab. |
| Superficie | 8 km² |
| Superficie lagoa | 79 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 17°35′S 142°39′W / 17.583°S 142.65°WCoordenadas: 17°35′S 142°39′W / 17.583°S 142.65°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Hikueru é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado no centro do arquipélago, a 700 km ao leste de Tahití.
Xeografía [editar]
O atol ten unha forma ovalada con 15 km de longo e unha superficie terrestre de 5,11 km² máis 19,47 km² de arrecifes. A lagoa, de 82,5 km ², é profunda, sen ningún paso navegable pero con numerosas canles
A vila principal é Tapupati, e a poboación total é de 150 habitantes no censo de 2002. A poboación vive principalmente da produción de copra. Dispón dun aeródromo.
Historia [editar]
O atol foi descuberto polo francés Louis Antoine de Bougainville en 1768. Tamén se coñeceu historicamente como Melville, e Domingo de Bonaechea, en 1775, chamouno San Juan. En 1906 sufriu os efectos dun ciclón que causou a morte de 377 persoas. Ata os anos 1970 foi un dos grandes centros de recolección de perlas.
O escritor Jack London describiu os efectos do ciclón en Hikueru no seu conto «The house of Mapuhi», incluído en «South Sea Talles» (1911). A escritora catalá Aurora Bertrana escribiu un conto romántico e de aventuras sobre Hikueru: «Tekao», incluído en «Peikea, princesa caníbal i altres contes oceànics» (1934), e ampliado posteriormente como novela curta en «Ariatea» (1960).