Atol Erikub
| Erikub | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado |
| Superficie | 1´53 km² |
| Superficie lagoa | 230 km² |
| Nº de illas | 6 |
| Coordenadas | 09°08′30″N 170°00′00″E / 9.14167°N 170°E |
| Maior Altura | 9 m. |
| Localización | |
O Atol Erikub é un atol deshabitado localizado na área central da Cadea Ratak nas Illas Marshall. O atol está lixeiramente ao sur dun atol lixeiramente máis grande chamado Wotje.
Hai 6 illas que se combinan para crear un área total de terra de 1´53 km², un dos máis pequenos das Illas Marshall. As 6 illas rodean unha lagoa central que cobre un área de 230 quilómetros cadrados.
Debido a súa escasísima elevación sobre o nivel do mar, é moi factible que este conxunto de illas sexan tapadas pola auga nun futuro próximo, debido ao quecemento global que provoca desxeos.
Historia [editar]
O atol Erikub foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xapones. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, Erikub quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da independente República das Illas Marshall desde 1986.