Atol Beru
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Beru | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Quiribati - Kiribati |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 2.169 hab. |
| Superficie | 16´6 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 1°19′S 175°58′E / 1.317°S 175.967°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Beru (tamén coñecida como Eliza, Illa Francis, Maria, Peroat, Illa Peru e Sunday) é un atol coralino localizado ao sur das illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati, no Océano Pacífico.
Ten ao redor de 15 km de longo (de noroeste a sueste) e 4.75 km de ancho no seu punto máis ancho (de nordés a suroeste). O centro do arrecife é unha depresión pouco profunda, chamada Nuka. Atópase 96 km ao leste de Tabiteuea e 426 km ao sueste de Tarawa, preto da liña ecuatorial.
Xeografía [editar]
A masa de terra ocupa máis dun terzo da estrutura do arrecife, e está maiormente situada cara ao extremo nordés da illa. Na súa máxima dimensión, a illa ten 13.9 km de longo, e varía entre 0.5 e 2.9 km de anchura.
Aldeas [editar]
Rongorongo, Tabukinberu.