Atol Ailuk
| Ailuk | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | Ailuk |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 488 |
| Superficie | 2´07 km² |
| Superficie lagoa | 68´47 km² |
| Nº de illas | 57 |
| Coordenadas | 10°19′40″N 169°56′00″E / 10.32778°N 169.9333333°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Ailuk é un atol de 57 illas no Océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. Atópase aproximadamente a 72 km. ao norte de Wotje. A súa superficie total é de só 5´4 km², pero encerra unha lagoa cunha superficie de 177´45 km². Os illotes principais son: Ajelep, Aliej, Ailuk, Alkilwe, Barorkan, Biken, Enejabrok, Enejelar, Kapen e Marib. A maioría dos illotes están no lado oriental do atol. Os lados oeste e sur do atol teñen un continuo arrecife de coral mergullado, con tres pasos principais que conducen á lagoa: a canle Erappu, a canle Marok e a canle Eneneman no lado oeste.
Ailuk tiña unha poboación de 488 habitantes (a principios de 2006) aproximadamente.
[editar] Historia
Ailuk foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns crearon un posto comercial. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio Xapones. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.