Ateleopódidos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Ateleopólidos (Ateleopodidae) son a única familia da orde Ateleopodiformes, dentro da superorde Estenopterixios (Stenopterygii), un pequeno grupo de peixes mariños teleósteos propios de augas profundas. Distribúense polo mar Caribe, este do océano Atlántico e algunhas áreas do Índico e Pacífico.
Índice |
Características [editar]
Posúen un esqueleto con abundante cartilaxe, aínda que son verdadeiros peixes óseos sen ningunha relación cos condrictios. Posúen unha gran cabeza e un nariz bulboso, e xeralmente teñen un corpo longo e rematado en punta, cunha cola coa aleta caudal moi pequena. As aletas dorsais tenden a ser moi prominentes e sitúanse xusto detrás da cabeza.
Trátase de peixes raros e pouco coñecidos.
Clasificación [editar]
Divídense en catro xéneros e doce especies:
- Orde Ateleopodiformes
- Familia Ateleopodidae
- Xénero Ateleopus (Temminck y Schlegel, 1846)
- Xénero Guentherus (Osório, 1917)
- Xénero Ijimaia (Sauter, 1905)
- Xénero Parateleopus (Smith y Radcliffe en Radcliffe, 1912)
- Familia Ateleopodidae