Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza
Tipoclub de atletismo
Deporteatletismo
Data de fundación1985
SedeA Pobra do Caramiñal
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza é un club deportivo galego, situado na Pobra do Caramiñal, na rúa Ulla, 3-1ºD desta localidade. As súas actividades deportivas realízanse no Estadio da Alta, en Cabío.

Historia[editar | editar a fonte]

Adscrito á Federación Galega de Atletismo, foi fundado en 1985 por Xosé Moure Muñiz, pai do exatleta e actual adestrador Abelardo Moure García. Na actualidade, Xosé Moure continúa a ser o seu presidente, e o seu fillo é o principal adestrador.[1]

Unha das principais competicións organizadas polo club é o Trofeo Atletismo Barbanza "Día das Letras Galegas", no Estadio da Alta, organizado polo club, a Federación Galega de Atletismo e o concello da Pobra do Caramiñal, e a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e no que se realizan concursos de 100, 200 e 400 metros lisos; lanzamentos de vortex e xavelina, triplo salto e salto de lonxitude, en diferentes categorías de idades, e con participantes femininos e masculinos.[2][3]

Unha das máis destacadas deportistas do club é Lidia Parada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza Arquivado 15 de agosto de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da Federación Española de Ateltismo.
  2. Trofeo Atletismo Barbanza "Día das Letras Galegas. Web aproba.gal
  3. Club Ourense Atletismo Arquivado 15 de agosto de 2018 en Wayback Machine..

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.