Asento da sogra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este Ford Model A sport roadster de 1931 conta cun asento da sogra

O asento da sogra ou asento traseiro, rumble seat (inglés americano), dicky seat, dickie seat ou dickey seat (inglés británico), é un asento exterior tapizado que se abre cara a fóra da cuberta traseira cunha bisagra, era común nalgúns automóbiles de antes da Segunda Guerra Mundial, era un asento para un ou máis pasaxeiros. Un dicionario inglés de 1899 o describe como "Un asento para os criados na parte traseira dun carro". As carrozarías de automóbiles Roadster, Cupé e Cabriolet ofrecían a opción con maleteiro ou con asento na cuberta traseira. Os modelos equipados co asento da sogra desígnanse a miúdo como cupé deportivo ou roadster deportivo.

Os pasaxeiros do asento da sogra estaban practicamente sentados á intemperie, e apenas tiñan algunha ou ningunha protección da parte superior do habitáculo. Algúns vehículos dispoñían de tapas pregables e cortinas laterais para os asentos da sogra, pero nunca alcanzaron moita popularidade. Entre os últimos vehículos de fabricación estadounidense con asento da sogra estaban o Chevrolet de 1938,[1] o Ford de 1939[2] o Dodge de 1939[3] e o Plymouth.[4]

O último coche británico construído cun asento da sogra foi o Triumph Roadster 2000 fabricado ata 1949.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. conceptcarz.com
  2. Roush Automotive Collection.
  3. Corporation, Chrysler. "allpar.com". allpar.com. http://www.allpar.com/cars/dodge/dodge-cars.html. Consultado o 2011-11-20. 
  4. Benjaminson, Jim (1930-04-08). "allpar.com". allpar.com. http://www.allpar.com/history/plymouth/ragtops.html. Consultado o 2011-11-20.