Arxentita
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Arxentita | |
|---|---|
| Fórmula química: | Ag2S |
| Clase: | Sulfuro |
| Subclase: | {{{subclase}}} |
| Sistema cristalino: | Regular |
| Cor: | De gris a negra |
| Brillo: | Metálico en fracturas recentes, opaco en superficies avelladas |
| Dureza: | 2 - 2,5 (escala de Mohs) |
| Fractura: | Subconcoidea |
| Exfoliación: | Imperfecta |
| Raia: | Negra brillante |
| Densidade: | 7,2-7,4 g/cm³ |
A arxentita (do latín argentum, que significa "prata"), tamén chamada arxirita, é un sulfuro de fórmula Ag2S. Se é pura contén un 87,1% de prata. A acantita é unha pseudomorfa da arxentita, que se forma a unha temperatura inferior de 179 ºC.
Índice |
Aspecto [editar]
A arxentita preséntase en cristais hexaédricos e octoédricos; son escasos os cristais dodecaédricos. Con formas filiformes e arborescentes.
Depósitos [editar]
Preséntase en concentracións hidrotermais, de baixa temperatura, de sulfuros con outros minerais de prata. É abundante en Comstock Lode, Nevada.
Aplicacións [editar]
É unha das menas de prata máis importante.