Arxemundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArxemundo
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Mortec. 590 Editar o valor em Wikidata
Toledo Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino visigodo de Toledo Editar o valor em Wikidata
RelixiónArianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata , duque Editar o valor em Wikidata
Período de tempoHispania visigoda Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século VI Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoRevolta de Arxemundo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDux
Duque Editar o valor em Wikidata
Condenado porconspiração (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Arxemundo, orixinalmente Argimundus, foi dux e famuli, membro do cubiculum de Recaredo,[1] rei do Reino visigodo e fillo de Leovixildo. A orixe do seu nome suevo fai moi probable que fose da alta nobreza do Reino suevo,[2] inda que existen moitas teorías sobre a súa procedencia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aparece descrito por Xoán Biclarense coma un insurrecto do rei, organizando unha revolta no 589.[2][1] A revolta, inda que de grande magnitude, foi sufocada polo exército de Recaredo, cuxo triunfo foi representado nas moedas visigodas da época coa lenda "VITOR / VITORIA".[2] Arxemundo foi levado a Toledo, onde foi obxecto de tortura e onde lle foi cortada a man dereita, incapacitandoo para a potestade rexia.[1] Despois, Recaredo fixo que fose paseado pola cidade de Toledo enriba dun burro para dar exemplo aos demais famuli.[1] Estes famuli eran os membros da clase dirixente, a que Arxemundo tamén pertencía.[1]

Non está claro se o seu obxectivo era reintroducir arianismo​ que fora prohibido no reino polo III Concilio de Toledo o ano anterior, ou se a conspiración foi froito da propia ambición de Arxemundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Hidalgo de la Vega, María José; Pérez Sánchez, Dionisio; Rodríguez Gervás, Manuel J. (1998). "Romanización" y "Reconquista" en la Península Ibérica. Nuevas perspectivas. Universidad de Salamanca. ISBN 9788474818963. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Peres Vigo, Alexandre; Ermida Meilán, Xosé Ramón; Picallo Fontes, Héitor (2023). "Os reis e as raíñas da Galiza". Monografías con perspectiva galega (Sermos Galiza S.A.) (6). ISBN 978-84-09-45637-6.