Arma branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armas brancas xaponesas.

Arma branca é aquela arma ou ferramenta que se caracteriza pola súa capacidade de cortar, ferir ou punzar mediante bordos afiados ou puntiagudos. Caracterízase así mesmo por empuñarse en combate, e, por tanto, úsase en pelexa corpo a corpo, aínda que algunha pode ser unha arma arreboladiza. A diferenza das armas de fogo, unha arma branca non require ser cargada nin con munición nin con propelente.

Pódense clasificar segundo a súa lonxitude en armas curtas, espadas, sabres e de hasta longa e segundo o seu mecanismo lesivo en incisas ou cortantes, punzantes, incisopunzantes ou incisocontusas.

Para portar e usar armas brancas non se require ningún tipo de licenza legal. En cambio, para as armas de fogo, si se require unha licenza e previos exames para poder portalas e usalas.

As armas brancas non requiren dun supresor (silenciador) ao momento de usalas, cousa que si sucede nas armas de fogo, nas que se pode utilizar un supresor para evitar que fagan ruído ao momento de usalas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.