Arménio Vieira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArménio Vieira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Arménio Adroaldo Vieira e Silva Editar o valor em Wikidata
29 de xaneiro de 1941 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Praia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCabo Verde Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Arménio Adroaldo Vieira e Silva, coñecido como Arménio Vieira, nado en Praia, Santiago, o 24 de xaneiro de 1941,[1] é un xornalista e escritor da lingua portuguesa cabo verdiano.

Biografía[editar | editar a fonte]

Elemento activo da xeración de 1960, colaborou en SELÓ - folha dos novíssimos, Boletim de Cabo Verde, revista Vértice (Coímbra), Raízes, Ponto & Vírgula, Fragmentos, Sopinha de Alfabeto, entre outras publicacións. Foi redactor do extinguido xornal Voz di Pobo.[2]

En 1981 lanzou o libro Poemas.

Foi o primeiro Cabo-verdiano, en 2009, en gañar o Premio Camões.

En xuño de 2013 publicou O Brumário e Derivações do Brumário. Inicio dunha serie con "versos libres, notas poéticas e miscelâneas".

Tres poemas seus (Lisboa - 1971, Quiproquo e Ser tigre), encóntranse no CD Poesía de Cabo Verde e sete poemas de Sebastião da Gama, de Afonso Días.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Poemas (1981). África Editora - Colecção Cântico Geral. - Lisboa. Reedición en 1998, Ilhéu Editora - Mindelo.
  • MITOgrafias (2006). Ilhéu Editora - Mindelo. En 2011 en Nova Vega.
  • O Poema, a Viagem, o Sonho (2009). Editorial Caminho - Lisboa.
  • O Brumário (2013). Biblioteca Nacional de Cabo Verde e Publicom.
  • Derivações do Brumário (2013). Biblioteca Nacional de Cabo Verde e Publicom.
  • Sequelas do Brumário (2015).[3] Rosa de Porcelana Editora. Só cinco dos 90 textos son versos (poemas explícitos), a maior parte é prosa poética mais todos traen reflexións poéticas, metapoéticas e filosófico-literárias.
  • Silvenius (2016). Antoloxía poética. Rosa de Porcelana Editora.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O Eleito do Sol (1990). Edição Sonacor EP - Grafedito - Praia. Edición en Vega en 1992. Novela.
  • No Inferno (1999). Centro Cultural Português - Praia e Mindelo. No 2001 editado en Ed. Camiho. Novela
  • Fantasmas e Fantasias do Brumário (2014). Rosa de Porcelana Editora. Relatos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arménio Vieira / Personalidades / Identidad / Início - CABO VERDE info". www.caboverde-info.com (en castelán). Consultado o 2020-04-11. 
  2. "Arménio Vieira. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-11. 
  3. ""Sequelas do Brumário" completa trilogia poética de Arménio Vieira". Notícias ao Minuto (en portugués). 2014-04-29. Consultado o 2020-04-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]