Arado Ar 234

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arado Ar 234
Arado 234B 2.jpg
234B Blitz capturado despois da guerra
Tipo Bombardeiro
Fabricante Arado Flugzeugwerke
Primeiro voo 30 de xullo de 1943
Introducido setembro de 1944
Estado Retirado
Principais usuarios Luftwaffe
Construídos 210

O Arado Ar 234 foi un bombardeiro birreactor monopraza alemán usado pola Luftwaffe no final da Segunda Guerra Mundial. O Ar 234 foi o primeiro bombardeiro de reacción en servizo operativo do mundo. Entrou en combate durante a batalla das Ardenas, bombardeando Liège o día de noiteboa de 1944.

Historia[editar | editar a fonte]

O Ar 234 non foi concibido como bombardeiro, senón como avión de recoñecemento, e de feito a maior parte dos seus logros foron neste campo. O proxecto, chamado nun principio E 370, comezou a tomar forma principios de 1941 baixo a dirección de Walter Blume. A idea inicial era a dun avión monoplano de á alta con dous motores en góndolas e un tren de aterraxe en triciclo que se desprendía aos 60 metros de altura. O tren descendería en paracaídas para ser reutilizado, deixando que o avión aterrase cuns patíns retráctiles. O motivo deste sistema era que o avión pudese levar maior cantidade de combustible e aumentar o alcance das misións de recoñecemento.

O sistema de aterraxe foi posteriormente descartado. Durante o primeiro voo do Ar 234, o 30 de xullo de 1943, o paracaídas non se abríu e o tren resultou destruído; no segundo voo pasou o mesmo co tren de reserva. A partir dese momento este liberábase cando o avión acadaba a velocidade necesaria para despegar.

O segundo prototipo realizou o seu primeiro voo o 2 de outubro. Durante o mesmo un dos motores fallou e acabou incendiándose facendo que o avión se estrelase matando ao seu piloto.

Decidíuse enton deseñar un tren triciclo normal para a versión de bombardeo, coa bomba suspendida na fuselaxe, entre as rodas centrais. Para axudar no despegue en pistas curtas instaláronse nas zonas externas das ás uns foguetes aceleradores de porpergol líquido, que lle daban ao avión un empuxe adicional. Aos 30 segundos de acenderse estes desprendíanse e caían en paracaídas para ser reutilizados.

Entre finais de 1943 e principios de 1944 probáronse novos motores. O sexto prototipo equipouse con catro turborreactores BMW 003 en góndolas separadas, e o oitavo levou os mesmos motores en dúas góndolas dobres. En marzo de 1944, antes incluso das probas de voo, comezouse a preparar en Alt Loennewitz, Saxonia, unha fábrica especial para a produción masiva do Ar 234B.

Na primavera de 1945 varios exemplares foron modificados como cazas nocturnos, sendo equipados cun radar na proa e un radarista metido na popa da fuselaxe, por detrás das ás. Incluían tamén dous canóns de 20 mm baixo a fuselaxe.

Nas últimas semanas de guerra apareceu o Ar 234C do que só se fabricaron 14 unidades e apenas entraron en combate. En marzo de 1945 os soviéticos ocuparon as fábricas de Arado e a súa produción concluíu para sempre.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: Bombardeiro birreactor monopraza Arado Ar 234B-2
  • Planta motriz: dous turborreactores Junkers Jumo 004B de 890 Kg de empuxe
  • Envergadura: 14,10 m
  • Lonxitude: 12,64 m
  • Altura: 4,30 m
  • Superficie alar: 26,40 m²
  • Peso en despegue: 9.450 Kg
  • Velocidade máxima: 740 Km/h
  • Teito: 10.000 m
  • Alcance: 1.630 Km
  • Armamento: ata dúas bombas de 1.000 Kg baixo as góndolas motrices