Appetite for Destruction

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Appetite for Destruction
Álbum de Guns N' Roses
Publicado: 21 de xullo de 1987
Datas de gravación: {{{gravación}}}
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: {{{duración}}}
Xénero: sleaze rock
Selo(s): Geffen Records
Interscope (reedición 2008)
Producido por: Mike Clink
Cronoloxía
- Appetite for Destruction G N' R Lies

Appetite for Destruction disco de estrea da banda de rock Guns N' Roses, editado o 21 de xullo de 1987.

"Welcome to the Jungle", "Paradise City", e "Sweet Child O' Mine" son as cancións máis recoñecidas e que caracterizan máis a miúdo a esta banda, as cales influíron a escena da música popular nos Estados Unidos, ademais de servir de inspiración a numerosos covers.

O álbum vendeu máis de 28 millóns de copias (15 millóns só nos Estados Unidos). Isto foi un ano logo de lanzado, xa que no primeiro ano vendera soamente 500.000 discos, en 1987.

A razón foi que a cadea MTV negouse a mostrar vídeos da banda, porque a cuberta orixinal do disco, baseado nunha pintura de Robert Williams, mostraba un robot violador, o cal foi considerado ofensivo pola cadea televisiva. A banda cambio entón a cuberta, e puxo a orixinal dentro do disco, mostrando agora un crucifixo cos cranios dos cinco membros da banda, algo así ao estilo das portadas dos álbums de Grateful Dead. Isto non foi suficiente para MTV, e a cadea continuou co seu bloqueo. Finalmente, David Geffen, entón presidente de Geffen Records, chamou a MTV e rogou que mostrasen o vídeo de "Welcome to the Jungle". MTV accedeu a mostralo só un domingo ás 2 da madrugada. A canción chegou a ser a canción máis solicitada en MTV en só 24 horas.

No 2001, a revista "Q" nomeou "Appetite for Destruction" como un dos 50 Álbums máis heavys de tódolos tempos. No 2003, a cadea televisiva VH1 nomeouno como o Álbum número 42 de tódolos tempos.

A canción Welcome to the Jungle inspirou a obra teatral de denuncia social do mesmo nome do escritor antártico Sergio Salvatierra, en 1988.

Contido[editar | editar a fonte]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Appetite for Destruction
Título Duración
01 "Welcome to the Jungle" 04:33
02 "It's So Easy" 03:21
03 "Nightrain" 04:26
04 "Out Ta Get Me" 04:20
05 "Mr. Brownstone" 03:46
06 "Paradise City" 06:45
07 "My Michelle" 03:38
08 "Think About You" 03:49
09 "Sweet Child O' Mine" 05:54
10 "You're Crazy" 03:16
11 "Anything Goes" 03:25
12 "Rocket Queen" 06:14

Membros[editar | editar a fonte]