Antonio Parga Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Parga Sánchez
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1882 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de novembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Tashkent Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCarmen Parga Editar o valor em Wikidata

Antonio Parga Sánchez, nado na Coruña o 14 de xuño de 1882 e finado en Tashkent o 8 de novembro de 1942, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Maquinista da Armada. En 1903 aprobou o exame de aprendiz de maquinista. En marzo de 1906 foi chamado para prestar servizo en Ferrol. En septembro de 1915 pasou a ser terceiro maquinista, en marzo de 1918 segundo maquinista e en febreiro de 1923 primeiro maquinista. Dende xaneiro de 1924 a xullo de 1925 foi alumno na Academia de Enxeñeiros Maquinistas de Ferrol pasando a ser profesor da mesma en 1929. Foi condecorado en xaneiro de 1911 coa Medalla da Campaña de Melilla; en marzo de 1912 coa Cruz de Prata ao Mérito Naval con motivo da avaría do cruceiro Reina Regente en xaneiro anterior e coa Medalla de Prata da Real Orde de Sabela a Católica polo servizo prestado durante a folga ferroviaria dese ano, e en xaneiro de 1929 coa Cruz ao Mérito Naval de 1ª Clase. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Ferrol. Perteneceu á masonaría co nome simbólico de «Pablo Iglesias» formando parte da loxa «Francisco Suárez nº 10». En 1931 ingresou no Corpo de Intervención Civil da Mariña trasladándose a Madrid en 1932 onde se incorporó á Agrupación Socialista. Ascendido a capitán maquinista da Armada,[1] dende abril de 1932 foi xefe de Administración de 3ª Clase. Finalizada a guerra civil exiliouse na Unión Soviética onde estaban os seus fillos Antonio e Carmen Parga Parada, casada con Manuel Tagueña Lacorte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 7-4-1932, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]